Vodafone comercializará os lentes Nreal Light na primavera de 2021

Vodafone anunciou que presentará os lentes Nreal Light nos seus mercados europeos, levando a experiencia de realidade aumentade e realidade mixta á súa clientela a través da súa rede 5G. O Estado español, xunto con Alemaña, serán os primeiros mercados nos que estará dispoñíbel a partir da primavera do 2021, chegando posteriormente a outros mercados nos que Vodafone está presente.

Os Nreal Light son uns lentes de realidade mixta, cun deseño lixeiro e cómodo, que incorporan unha pantalla que equivale a disfrutar dunha pantalla IMAX portátil. Están deseñados para o uso diario, e a través dunha conexión USBC-C, aproveitan a potencia dun terminal Android de última xeración para tarefas de procesado e execución de tarefas de control.

Estes lentes son os primeiros en ofrecer unha experiencia de realidade aumentada e mixta accesíbel e de alta calidade, cun elevado coñecemento do entorno grazas aos seus eixos de liberdade de seguimento, detección de planos e seguimento de imaxes.

A experiencia de realidade aumentada que ofrece Nreal Light permite ás aplicacións reproducirse sobre o equivalente a unha gran pantalla transparente, mentres as usuarias ven, móvense e interactúan co seu entorno facilmente. Pola súa banda, as aplicacións de realidade mixta van un paso máis aló, amosando contido dixital por riba do entorno visíbel, combinando sen esforzo o mundo real co contido dixital, mentres a usuaria interactúa cos obxectos virtuais en 3D.

Este dispositivo é compatíbel coa maioría das aplicacións existentes nos smartphones Android. Así, cando as Nreal Light son conectadas a un samartphone Android, as usuarias poden navegar por Internet, visualizar vídeos, programas de televisión, disfrutar de experiencias gaming ou estar ao día das súas redes sociais. Todo a través da realidade aumentada grazas a unha pantalla “virtual”, e con até tres apps executándose de maneira simultánea.

Colaboración Vodafone – NReal para desenvolver nos aplicacións inmersivas

Ademais de colaborar na súa comercialización, Vodafone e NReal están a traballar conxuntamente no desenvolvemento de aplicacións inmersivas de realidade aumentada e mixta para clientes e negocios, combinando a tecnoloxía de NReal coa rede 5G de Vodafone.

Entre os casos de realidade mixta para particulares nos que se están a traballar, inclúense apps deportivas que permiten superpoñer estatísticas e gráficos durante partidos en directo, a fusión do entorno real e virtual nos xogos multixogador, a navegación e as visitas guiadas, as sesións de adestramento, o deseño de interiores e tamén a educación interactiva e inmersiva.

Tamén están a traballar en solucións comerciais, que inclúen sistemas de videoconferencia inmersivos e a colaboración en remoto para procesos de deseño, enxeñaría, manufactura e montaxe.

Sobre o autor

Reply