Desembarco de novos produtos Xiaomi no noso país

Xiaomi vén de confirmar a chegada ao noso país de diversos dispositivos cos que a marca chinesa continúa a ampliar o seu catálogo de produtos dentro do ecosistema xeral da compañía. Trátase dos Mi Vacumm Cleaner Mini, o Mi 65W Fast Charger e o Mi 23,8” Desktop Monitor.

Mi Vacumm Cleaner Mini

O primeiro deles é unha aspiradora, que dispón dun motor eléctrico DC sen escobiñas e ten unha potencia máxima de 30 AW, o que lle permite acadar até 88.000 revolucións por minuto. Conta cunha capacidade de succión de 13.000 Pa, e ten unha capacidade de autonomía de até 30 minutos.

As usuarias poderán elixir dous modos de limpeza, o “Estándar” e o “Max”, con maior potencia, e destaca a inclusión dunha boquiña e un cepillo que permite chegar a espazos máis reducidos para eliminar o lixo,o que fai que sexa ideal para limpar o coche.

Dispón dun sistema de filtración en dous pasos: un filtro de malla de aceiro exterior e un filtro HEPA lavábel interior, que combinados eliminan até o 99,97% das partículas dun tamaño de até 0,3 micras.

Está á venda por 49,99 € a través de Amazon e as Mi Stores, e proximamente tamén na tenda Mi.com.

Mi 65W Fast Charger

Trátase dun cargador rápido con tecnoloxía GaN e deseño compacto que permite cargar tanto smartphones como ordenadores portátiles e consolas cunha potencia de 65 W.

Chega ao noso país cun prezo de 29,99 €, e se pode adquirir a través das canles de venda oficiais de Xiaomi no noso páis.

Mi Desktop Monitor 23,8”

Por último, a compañía chinesa anunciou a chegada do seu monitor Mi Desktop Monitor 23,8”, un monitor IPS FHD con taxa de refresco de 60 Hz e un tempo de resposta de 6 milisegundos.

Ten un soporte axustábel para ofrecer unha visualización inmersiva e segura, algo no que tamén inflúe a ausencia en tres dos seus lados. En canto á conectividade, está equipado cun porto HDMI e outro VGA.

Está dispoñíbel en prevenda en Amazon até o próximo 26 de decembro por 99,99 €.

Sobre o autor

Reply