R regala á súa clientela gigas ilimitados e un mes de Netflix Fan

A operadora galega R vén de anunciar a súa promoción para este Nadal, consistente en agasallar á clientela con gigas ilimitados no móbil e un mes do novo servizo Netflix Fan, que inclúe a suscrición a Netflix e 10 GB adicionais para o móbil.

Aquelas usuarias que desexen activar esta promoción de navegación ilimitada poderán facelo até o 7 de xaneiro, acudindo á área de clientes para activala en todas e cada unha das súas liñas contratadas. Unha vez activada, disporán de 30 días para usar esa navegación sen límites.

Por outro lado, a operadora tamén agasalla cun mes de Netflix Fan, a nova fórmula coa que a compañía ofrece unha suscrición ao servizo de streaming de Netflix combinado con 10 GB adicionais de datos que se poden vincular a calquera das liñas contratadas.

Sobre o autor

One Response

  1. Mondoxibaro 15 Decembro, 2020 Responder

Reply