Novo realme 7i: toda a información

A compañía realme vén de anunciar a chegada ao noso país dun novo dispositivo, o realme 7i, un trebello no que aposta pola batería e a experiencia gaming de entrada, e que terá un prezo especial de lanzamento de 149 euros.

A súa batería de 6000 mAh de capacidade, con carga rápida de 18W e USB-C, é un dos principais atractivos deste modelo, un dispositivo que leva no seu interior o procesador MediaTek Helio G85, e unha cámara triple cun sensor principal de 48 Mpx con AI, acompañada dun lente gran angular de 119 graos e un lente macro de 4 cm.

A súa pantalla é de 6,5 polgadas, cun ratio de 88,7%, e cámara selfie de 8 Mpx integrada como unha “pinga”. A combinación de memorias é única, con 4 GB de RAM e 64 GB de interna ampliábeis mediante tarxetas microSD de até 256 GB extra.

O novo trebello de realme chega ao mercado cun prezo de 159 euros, aínda que de maneira promocional pódese conseguir por 149 € se o mercamos os días 21 e 22 de decembro.

Sobre o autor

Reply