A comezos do mes de novembro, a operadora Lowi anunciou novidades nas súas tarifas, de cara a encetar o último tramo do ano cun porfolio actualizado que, salvo na opción máis económica, supuxo un aumento de entre 5 e 8 GB na franquía de datos incluídos, sen que isto supuxese unha mudanza na cota mensual.
Porén, a compañía aínda tiña unha sorpresa pendente para estes últimos días do 2020, e coincidindo co sexto aniversario do seu lanzamento, a marca de baixo custe de Vodafone presenta o seu novo porfolio de tarifas móbiles, con cambios que afectan ao volume de gigas de incluídos e por integrar chamadas ilimitadas de serie en todas as opcións, o que supón tamén eliminar a única tarifa que conservaba con chamadas nas que se cobraba unicamente o establecemento.
Con esta actualización, as tarifas só móbil de Lowi quedan organizadas do seguinte xeito:
- 8 GB + chamadas ilimitadas: 7,95 €/mes.
- 15 GB + chamadas ilimitadas: 11,95 €/mes.
- 25 GB + chamadas ilimitadas: 15,95 €/mes.
- 30 GB + chamadas ilimitadas: 19,95 €/mes.
Novidades nas liñas adicionais
As tarifas converxentes fixo – móbil non cambian, conservando dúas opcións:
- Fibra 100 Mbps + móbil (15 GB + ilimitadas) por 34,95 €/mes.
- Fibra 300 Mbps + móbil (25 GB + ilimitadas) por 39,95 €/mes.
Porén, si que hai novidades nas liñas adicionais dos servizos converxentes, onde Lowi permite contratar até un máximo de catro liñas adicionais por 1,95 €/mes ou 9,95 €/mes:
- 5 GB + chamadas ilimitadas por 1,95 €/mes
- 15 GB + ilimitadas (para fibra 100 Mbps) ou 25 GB + ilimitadas (para fibra 300 Mbps) por 9,95 €/mes.
O resumo das tarifas pódese consultar no seguinte cadro.
Sorteo en Twiter
Por último, ao longo do día de hoxe, Lowi sortea a través da súa conta de Twitter 10 LG Velvet 5G, un terminal que analizamos hai uns días na nosa páxina.