Vodafone rexistrou un incremento do 45% no uso de datos móbiles en Noitevella e Aninovo

Hai apenas un par de días demos conta das cifras de WhatsApp durante fin de ano, que marcaron un récord histórico, e hoxe facemos o propio coas de Vodafone. A operadora vén de dar conta dalgúns datos que amosan como ao longo dos anos imos cambiando o xeito de nos comunicar coa nosa familia e achegados.

Tanto os días 31 de decembro como o 1 de xaneiro, Vodafoen rexistrou importantes incrementos no uso de datos e voz con respecto ás mesmas datas do ano anterior. No que ten a ver cos datos móbiles, incrementouse nun 45% respecto á Noitevella de 2019, sendo a franxa das 13h o momento de máis crecemento. Por outro lado, as chamadas incrementáronse nun 19%, rexistrando o maior pico arredor das 12 h.

O día de Aninovo o crecemento foi semellante, cun 45% máis de consumo de datos con respecto a hai un ano, aínda que neste caso o pico de actividade produciuse nada máis tomar as uvas, entre as 00 e a 01h.

A explicación a estas cifras atopámola no uso de aplicacións de mensaxería isntantánea como WhatsApp. De feito, Vodafone confirma que esta aplicación rexistrou un tráfico catro veces superior a un día habitual nesa franxa de 00.00 a 01.00h o 1 de xaneiro, mentres que os minutos de voz reducíronse nun 16% con respecto ao ano pasado.

Sobre o autor

Reply