Galaxy Buds Pro e Galaxy Smart Tags,as outras novidades que Samsung anunciou no Unpacked

O pasado xoves Samsung celebrou o seu Unpacked, un evento no que deu a coñecer a nova serie de terminais Galaxy S21, formado polos S21, S21 Plus e S21 Ultra, tres dos principais terminais cos que Samsung afronta este 2021.

Porén, estes non foron os únicos dispositivos anunciados pola compañía nese evento, xa que nel tamén se deu conta dos novos auriculares sen fíos Galaxy Buds Pro e as etiquetas Galaxy Smart Tags.

Galaxy Buds Pro

Os Galaxy Buds Pro son os novos auriculares sen fíos de Samsung, nos que a compañía aposta forte pola cancelación de ruído e un deseño único, cunha autonomía que chega ás 18 horas, incluíndo a carga adicional que permite a caixa.

Dispoñen de altofalantes de dúas vías (11 mm woofer + 6.5 mm tweeter), e tres micrófonos, 2 exteriores e un interior. A conectividade é Bluetooth 5.0, están protexidos polo IPX7, e pódense cargar sen fíos a través da caixa na que se gardan.

Dispón de ANC, que reduce aaté o 99% do ruído de fondo, e que se pode axustar en 2 niveis, así como son ambiente (con amplificación até +20 dB). A batería dos auriculares é de 61 mAh (472 mAh o estuche), o que supón 5 horas de conversa por carga do auricular con ANC aceso, ou até 8 horas se está apagado.

As tecnoloxías incluídas nestes novos auriculares permiten facer chamadas cando hai moito vento, facendo que a nosa voz siga a escoitarse ben a persar do aire. Así mesmo, a cancelación de ruído tamén se adapta ao entorno, polo que se imos escoitando música e paramos falar con alguén, parará a reprodución de audio e a cancelación de ruído, para logo volver a conectarse só.

Ademais, se temos máis produtos do ecosistema Galaxy, os novos Galaxy Buds Pro conectaranse de forma automática, o que permite certo roaming: poderemos estar vendo vídeos na tablet e, ao recibir unha chamada no móbil, descolgala sen sacar os auriculares da orella.

Galaxy Smart Tags

Pola súa banda, as Samsung Smart Tangs son unhas novas etiquetas que nos ofrecen a posibilidade de localizar obxectos de maneira sinxela, sempre e cando se atopen nun rango de 120 metros.

Cunha dimensión de 40 x 40 mm, estas etiquetas veñen equipadas con conectividade Bluetooth 5.0 LE e Ultra Banda Ancha (UWB), e teñen unha autonomía duns 280 días grazas a unha pila CR2032 de 220 mAh de capacidade. Tamén dispoñen de protección IP53 fronte auga e pó.

Cada etiqueta pode usarse para localizar un obxecto, toda vez que se coloca xunto a el, grazas ao anclaxe que inclúe. Faise a través do servizo SmartThings, e como xa avanzamos, ofrece un rango de acción de 120 metros.

Existe unha versión “plus”, a SmartTag+, idéntica en deseño á normal, pero que permite unha localización máis precisa grazas á Ultra Banda Ancha.

Dispoñibilidade e prezo

Os Galaxy Buds Pro estarán dispoñíbeis a partir do 29 de xaneiro, aínda que xa se pode facer a pre-compra. Custan 229 € e están dispoñíbeis en tres cores.

Pola súa banda, as Samsung SmartTags poden adquirirse por 34,90 € cada unha, e xa se poden adquirir a través da tenda de Samsung. Da versión plus aínda non se sabe cando van estar dispoñíbeis nin o seu prezo.

Aquelas persoas que durante estes días fagan a pre-compra dos Galaxy S21 Ultra obterán como agasallo uns Galaxy Buds Pro e unha etiqueta SmartTag.

Sobre o autor

Reply