Telefónica rematou o 2020 superando as súas propias previsións iniciais en canto ao despregamento da rede 5G en Galiza, ao poñer á disposición do 78% da poboación do país esta nova tecnoloxía.
En total, son 129 os concellos nos que a compañía ten cando menos un nodo operativo con esta tecnoloxía, o que significa que máis de 2.184.000 galegas poden conectarse a este servizo se dispoñen dun terminal compatíbel.
Na provincia da Coruña son 51 os concellos con nodos 5G de Telefónica operativos, dando servizo ao 82% da súa poboación, mentres que en Pontevedra son 38 os concellos (85% da poboación). En Lugo e Ourense o despregamento avanza algo máis despacio, con 22 concellos e 62% no caso da primeira e 18 concellos e 57% da poboación, no caso do segundo.
Este avance rápido pode facerse grazas á capilaridade da rede LTE, 4G e 3G de Telefónica, que cubre o 99% da poboación galega, e á tecnoloxía 5G empregada. Trátase da arquitectura NSA (Non Stand Alone), que emprega os emprazamentos e infraestruturas actuais para despregar 5G, como paso previo ao despregamento do 5G SA (Stand Alone) unha vez que esté plenamente dispoñíbel logo da súa estandarización.
A continuación poden consultarse o listado de concellos que contan con cando menos un nodo 5G instalado e operativo:
- Provincia da Coruña: Abegondo, Ames, Ares, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Boiro, Boqueixón, Camariñas, Cambre, Carballo, Carnota, Carral, Cedeira, A Coruña, Culleredo, Curtis, Fene, Ferrol, Fisterra, Irixoa, Laxe, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Melide, Miño, Muros, Narón, Negreira, Noia, Oleiros, Oroso, Ortigueira, Padrón, O Pino, A Pobra do Caramiñal, Ponteceso, Pontedeume, Rianxo, Ribeira, Sada, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo, Trazo, Valdoviño, Val do Dubra, Vedra, Vimianzo, Oza – Cesuras.
- Provincia de Lugo: Antas de Ulla, Barreiros, Begonte, Castro de Rei, Cervo, Chantada, Foz, Guitiriz, Lugo, Monforte de Lemos, Monterroso, As Nogais, A Pontenova, Portomarín, Ribadeo, Ribas de Sil, Rábade, Sarria, Taboada, Vilalba, Viveiro, Burela.
- Provincia de Ourense: Allariz, Amoeiro, Avión, O Barco de Valdeorras, Calvos de Randín, O Carballiño, Cartelle, Coles, Xinzo de Limia, Manzaneda, Ourense, O Pereiro de Aguiar, Rairiz de Veiga, San Xoán de Río, San Cibrao das Viñas, A Teixeira, Verín, Vilamartín de Valdeorras.
- Provincia de Pontevedra: Barro, Baiona, Bueu, Cambados, Cangas, Catoira, A Estrada, O Grove, A Guarda, Lalín, Marín, Meaño, Moaña, Moraña, Mos, As Neves, Nigrán, Pazos de Borbén, Pontevedra, O Porriño, Portas, Poio, Ponteareas, Redondela, Ribadumia, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa.