O fabricante chinés realme vén de anunciar novo smartphone, o realme C20, un dispositivo de entrada que destaca especialmente por incorporar unha batería de gran tamaño, así como tamén polo seu axustado prezo, por baixo dos 100 euros ao cambio.
O dispositivo incorpora unha pantalla HD+ de 6,5 polgadas (1600 x 720 píxeles) e tecnoloxía LCD. No seuinterior atopámonos cun procesador MediaTek Helio G35, xunto con 2 GB de RAM e 32 GB de memoria interna, ampliábeis mediante microSD de até 256 GB.

No apartado fotográfico, atopámonos cunhas cámaras sinxelas, tanto na parte traseira como na dianteira. Así, a cámara principal é de 8 megapíxeles, con f/2.0, e a frontal de 5 Mpx con f/2.2.
Onde realmente destaca este modelo é na súa batería, ao integrar unha batería con 5.000 mAh de capacidade, que ofrece unha gran autonomía ao trebello. Por último, a súa conectividade vén dada polo Bluetooth 5.1, o 4G/LTE, microUSB e conector de audio jack 3.5 mm.

Con esta folla de especificacións non podemos esperar que sexa un terminal con grandes pretensións, senón máis ben un modelo pensado para usuarias que fagan un uso básico do mesmo.
Polo de agora está dispoñíbel na China, e proximamente podería chegar a outros países, entre eles o noso, onde realme xa comercializa outros modelos da serie C. Está dispoñíbel en dúas cores, negro e azul.