Vodafone TV incorpora ATRESplayer PREMIUM á súa oferta televisiva

Vodafone continúa a acrecentar a súa oferta televisiva de Vodafone TV, incorporando ao seu portfolio ATRESplayer PREMIUM, a plataforma online do grupo Atresmedia no que as persoas subscritoras teñen acceso a un gran catálogo de ficción, entretemento e documentais orixinais, en exclusiva e sen publicidade.

Con esta nova incorporación, que se inclúe dentro da oferta como un contido á carta, Vodafone TV segue a reforzar o seu posicionamento como líder no Estado español en integración de contidos nunha única plataforma, con máis de 140.000 títulos dispoñíbeis.

A clientela con Vodafone TV poderá acceder á suscrición ATRESplayer PREMIUM a través do decodificador 4K, ademais dos outros dispositivos compatíbeis coa aplicación. Así, o servizo inclúe todo o catálogo das canles de Atresmedia (Antena 3, laSexta, Neox, Nova, Mega e Atreseries), tanto para ver en directo como baixo demanda, ademais de series e programas orixinais, novas tempadas e estreas exclusivas.

A subscrición a este servizo custa 2,99 euros ao mes, con 7 días de proba gratuíta, e se pode contratar a través de Vodafone, de maneira que se abona a través da factura do operador.

Vodafone TV, o maior agregador de cinema e series

Como xa avanzamos, coa integración de ATRESplayer PREMIUM no seu catálogo Vodafone continúa a medrar como o maior agregador de cinema e series nunha única plataforma, integrando HBO Españal, Filmin, Prime Video, Netflix e, agora, ATRESplayer PREMIUM na mesma experiencia.

Deste modo, as usuarias da compañía dispoñen da maiore variedade de títulos e cunha paquetización flexíbel e temática da súa oferta, de maneira que pagarán realmente polo que quere ver.

Sobre o autor

Reply