Nos últimos días comezaron a chegar os primeiros ruxe – ruxe sobre a chegada dun non terminal de Sony, que agoran veñen de ser confirmados tras aparecer as primeiras imaxes e datos dun smartphone da compañía xaponesa procedentes dunha fonte de bastante fiabilidade.

O terminal en cuestión sería o novo Sony Xperia 1 III, un modelo moi parecido na estética ao seu predecesor, o Xperia 1 II, no que vemos unha gran pantalla alongada (ratio de cinema, 21:9) cos marcos axustados, aínda que non tanto como o que están a ofrecer hoxe en día os principais fabricantes. Esta pantalla sería de 6,5 polgadas, con resolución 4K e tecnoloxías HDR e OLED.
Tamén se sabe algo da súa cámara, a principal (traseira) formada por catro sensores, un deles o ToF. De outro coméntase que sería un sensor de zoom óptico con sistema periscópico de cinco aumentos.

Do resto de características sabemos que sería compatíbel coas redes 5G (algo que case se debera de dar por suposto nun dispositivo desta gama hoxe en día), disporá de jack de auriculares de 3.5 mm e sensor de pegadas dixitais situado no lateral, sobre o botón de acendido.
Nas próximas semanas de seguro que seguiremos ampliando a información sobre este novo modelo que prepara Sony para este 2021, que con toda probabilidade chegará acompañado de outros modelos.