Google actualiza Maps con vista partida de mapa e StreetView

Google Maps é, sen marxe a dúbidas, a aplicación máis completa de mapas que podemos ter nos nosos smartphones. En cada nova actualización, a aplicación vai mellorando e incluíndo novas funcionalidades para facilitar a mobilidade das usuarias.

Se hai pouco tempo introducía información sobre as zonas COVID e puntos de vacinación, agora vén de introducir unha nova opción de vista partida, que permite ás usuarias ver ao mesmo tempo as imaxes de StreetView e o mapa, o que sen dúbida resulta de moita axuda para orientarnos, sobre todo se nos atopamos nun lugar que non coñezamos moito.

Esta novas funcionalidade aparece na versión 10.59.1, polo que se aínda non vos saltou esta actualización, teredes que esperar un pouco para recibila.

Antecedentes

Antes da chegada desta nova funcionalidade de maneira oficial a Google Maps, xa existían alternativas de terceiras persoas que permitían desfrutar dela. É o caso de Dual Maps, desenvolvida polo galego Ismael Reyes, e que podedes atopar na Play Store.

Sobre o autor

Reply