O 5G de Orange chega a 121 municipios de todo o Estado

A cobertura 5G segue avanzando a bo ritmo no Estado español, e se hai uns días falamos dos 129 concellos de Galiza nos que Movistar xa ten cobertura, hoxe toca falar de Orange, que vén de anunciar que xa chega a 121 municipios de todo o Estado con esta tecnoloxía.

A operadora laranxa anunciou hai uns meses que a finais de ano chegaría a 93 cidades do Estado, mais agora vén de rematar xaneiro acadando 28 municipios máis, até acadar os 121 totais.

En Galiza, o mapa de cobertura de Orange aínda é bastante escaso, e se limita á zona centro de Vigo, áreas do centro e campus de Pontevedra, así como o límite con Poio, Vilagarcía de Arousa, centro da Coruña, Lugo e arredores e centro de Ourense.

Non todos ofrecen o mesmo 5G

A carreira polo 5G é bastante desigual, e a calidade do mesmo tamén varía dependendo das operadoras. Vodafone, pioneiro no lanzamento desta tecnoloxía no noso país, posiciónase como o que máis velocidade acada, mentres que Movistar, que centra a súa estratexia en chegar a moitos concellos rapidamente, faino a unha velocidade considerabelmente inferior.

Segundo un estudo independente, Vodafone consegue a mellor velocidade media de descarga, con 232 / 37 Mbps, seguido por Orange con 168 / 23 Mbps. Yoigo posiciónase en terceiro lugar, con 148 / 21 Mbps, e pechando a listaxe está Movistar, con 104 / 16 Mbps.

A razón destas diferenzas está en que Vodafone fai uso da banda de 3,5 GHz, e dispón de bastante ancho de banda contiguo, mentres que no outro extremo, Movistar ten moi pouco despregamento nesa banda e un amplo uso de DSS en bandas de 4G, o que fai que as velocidades sexan máis propias desta tecnoloxía ca as do 5G.

Sobre o autor

Reply