Fíltranse imaxes do Samsung A52 5G

Samsung prepara a chegada inminente do que, con toda certeza, será un dos móbiles máis vendidos deste 2021 na gama media. Falamos do Galaxy A52 5G, un dispositivo que vén de ser filtrado en todo o seu esplendor e en todas as súas cores.

Do novo dispositivode Samsung sabemos que levará unha pantalla AMOLED de 6,5 polgadas con resolución FullHD+, e que terá unhs dimensións de 159,9 x 75,1 x 8,4 mm.

Estará equipado con catro cámaras na parte posterior (principal, super gran angular, macro e profundidade), e no seu interior levará un procesador que, con toda probabilidade, será o Qualcomm Snapdragon 750G, un dos que mellor rendemento aportan nos modelos 5G desa categoría.

Como diciamos antes, o dispositivo filtrouse en todas as súas cores, un total de catro: branco, negro, violeta e azul, como podemos ver nas seguintes animacións.

Para coñecelo de maneira oficial e saber de todas as súas cracterísticas, debemos esperar aínda uns días.

Sobre o autor

Reply