Pepephone estrea tarifa con 5GB e ilimitadas por 7,90 €/mes

A operadora Pepephone, pertencente ao grupo Másmóvil (que inclúe a marcas como Másmóvil, Yoigo, Pepephone, LlamaYa, Lebara e Lycamobile), vén de presentar unha nova tarifa, que chega para situarse como o plan co prezo máis baixo de entre os que ofrece a compañía.

Esta nova tarifa está feita pensando naquelas usuarias que non fan un gran consumo nos seus dispositivos, e inclúe por 7,90 €/mes chamadas ilimitadas a fixos e móbiles e 5 GB de datos, acumulábeis ao mes seguinte se non os gastamos, e con redución de velocidade se superamos a franquía contratada. Os SMS cóbranse á parte, a 10,89 céntimos por mensaxe, e se estamos en roaming na Unión Europea teremos dispoñíbeis 4,35 deses 5 GB para navegar.

Outras tarifas de Pepephone

Ademais desta tarifa, Pepephone ofrece outros catro plans de só móbil adicionais:

  • Sen datos nin minutos. O plan máis económico non inclúe nin datos nin minutos, e por suposto tampouco ten cota mensual. Só se cobra o que se usa, a razón de 7,3 céntimos o minuto de voz, cun establecemento de 18,15 céntimos por chamada.
  • Sen datos e 1001 minutos (9 €/mes). O plan para as persoas que non precisan datos, pero que queda desfasado ao aparecer a nova tarifa que presentamos hoxe, máis económica, máis barata e con datos (usémolos ou non).
  • 10 GB + chamadas ilimitadas por 11,90 €/mes, dos cales poderemos usar 6,65 GB en roaming.
  • 31 GB + chamadas ilimitadas por 19,90 €/mes, dos cales poderemos usar 10,89 GB en roaming.

Todas elas carecen de permanencia e pódense contratar a través da web de Pepephone ou por teléfono, chamando ao 1706.

Sobre o autor

Reply