R chega a preto do 80% de Galiza cos seus servizos, acadando os 275 concellos

A operadora galega R vén de anunciar importantes avances para mellorar a cobertura dos seus servizos ao longo de toda Galiza, ao ter intensificado os traballos de despregamento da súa rede de fibra óptica nos últimos meses.

En paralelo, R completa eses accesos directos á súa rede cos acordos acadados con outros operadores para compartir intraestruturas, o que fai que máis de 1.200.000 fogares e negocios poidan gozar dos servizos de R a través de fibra óptica, dos cales 1.010.000 residencias particulares e empresas de 143 concellos fanos directamente sobre a rede de R, que sumará á súa infraestrutura cando se peche 2021 preto de 30.000 inmóbeis máis, frotio dos traballos do Plan Avanza e de outros despregamentos.

No último ano incorporáronse á rede de R, directa ou indirectamente, preto 133 novos concellos que até o de agora tiñan limitacións importantes de conectividade con fibra, o que fai que sexan 275 os municipios de Galiza (dos 313 totais) nos que se poden contratar os servizos de R.

O obxectivo da operadora galega é seguir consolidando a súa expansión da súa rede fixa e móbil en zonas que até o de agora non dispoñen de acceso aos seus produtos, e poder así ofrecer a súa proposta converxente, con accesos de 500 megas, televisión dixital multicanle, e móbilR.

Unha oferta ambiciosa

R simplificou e mellorou a súa oferta nos últimos meses, para facela máis atractiva e competitiva nun sector tan dinámico como é o das telecomunicacións.

A aposta por liñas de móbil con datos ilimitados, a introdución de solucións WiFi mesh para mellorar a cobertura interna nos domicilios ou a combinación dos servizos de televisión con outros de entretemento como Netflix, son algúns dos atractivos que pode atopar a clientela de R.

Así, R ofrece por 79 euros ao mes (29 €/mes de maneira promocional durante 6 meses), un produto converxente que inclúe fibra de 500 megas con WiFi mesh, telefonía fixa con chamadas, 2 liñas móbiles con chamadas e datos ilimitados, e o pack de tv ocio con Netflix.

Sobre o autor

Reply