En outubro do ano pasado Google anunciou a transición desde Hangouts a Google Chat para o primeiro semestre de 2021, o novo cliente de mensaxería de Google que probarán primeiro as usuarias de Google Workspace (que tiñan Hangouts Chat, unha app intermedia), para posteriormente chegar ao resto de contas.
Segundo apuntan varias fontes a raíz da aparición dun “Consumer Beta” no código da última versión, semella que en cuestión de semanas Google Chat podería activar a súa vista previa, permitidno ás usuarias actuais de Hangouts migrar a Chat.
Ademais, a última actualización de Gmail tamén integra código que apunta á integración de Chat, dentro da propia aplicación, de xeito semellante a como se presenta actualmente Google Meet.
Agardemos que non haxa que agardar moitas semanas, manterémosvos informadas das novidades.