Conectar o 100% da poboación a redes de alta velocidade non é doado, especialmente no rural, onde é máis difícil extender redes de fibra óptica e a cobertura móbil ás veces chega con dificultade. Por iso destacan os servizos que empregan os satélites como alternativa, e hai varias empresas que se adican a ilo.
Starlink, unha das empresas do proxecto SpaceX de Elon Musk, creouse co obxectivo de ofrecer Internet por satélite en calquera rincón do mundo, por remoto que sexa, e agora vén de abrir a súa beta para poder ser contratada desde o noso país.

A vantaxe de Starlink sobre outras alternativas é a velocidade que ofrece, oscila entre os 50 e os 150 Mbps cun latencia de entre 20 e 40 ms para a meirande parte das ubicacións, aínda que a propia compañía alerta que, como servizo beta, pode ter breves períodos de tempo sen conectividade.
Para poder disfrutar deste servizo é preciso adquirir un paquete hardware que custa 499 euros, aos que hai que sumar 60 euros de envío. Neste paquete inclúese a antena cun trípode de montaxe, cableado, fontes de alimentación e un router WiFi. O custe mensual do servizo é de 99 euros/mes.

Aínda que a beta está aberta, espérase que sexa a partir de mediados de ano cando se ofreza o servizo, e as usuarias irán recibindo os paquetes por orde de solicitude. Se cambiamos de idea, ou se probamos e non nos convence o servizo, poderemos devolvelo e obter o reembolso completo.
Máis información | Starlink