Fi Network amplía a súa oferta converxente con novas velocidades a prezos contidos

A operadora Fi Network converteuse nunha auténtica revolución durante o 2020, acadando máis de 500.000 clientes entre usuarias de móbil e produtos converxentes fixo e móbil. A receita empregada para conseguila foi bastante sinxela: apostar por un bo servizo a prezo contido e unha potente campaña en redes e televisión.

A compañía actualiza agora a súa oferta de produtos combinados fibra – móbil, introducindo a opción dos 600 Mbps e deixando a un lado a velocidade máis contida, de 100 Mbps.

As usuarias poden contratar 600 Mbps cunha liña móbil de 15 GB e chamadas ilimitadas por 39,90 euros ao mes, aínda que aquelas persoas que consuman máis datos poden apostar pola opción de 600 Mbps e 30 GB por 44,90 €/mes.

A estas dúas novas opcións súmanse outras tres:

  • 300 Mbps e móbil con ilimitadas e 24 GB por 34,90 €/mes
  • 300 Mbps e dúas liñas de móbil con ilimitadas e 12 GB cada unha por 39,90 €/mes
  • 100 Mbps e dúas liñas de móbil con ilimitadas e 6 GB cada unha por 34,90 €/mes.

Todas as tarifas da compañía benefícianse de outras vantaxes, como a acumulación de gigas dun mes para outro ou a compartición destes con outras usuarias da compañía, 1000 SMS gratuítos por mes e unha limitación nas chamadas “ilimitadas” de 6000 minutos.

Ademais, existe a posibilidade de contratar liñas adicionais con desconto (até catro por cliente), con 30 GB e ilimitadas por 15,90 €/mes, 23 GB e ilimitadas por 14,90 €/mes ou 12 GB e ilimitadas por 8,90 €/mes.

Sobre o autor

Reply