Movistar Car, tres mese de balde contratando antes de que remate febreiro

Cada vez son máis os fabricantes de coches que introducen como unha comodidade máis – de serie ou como extra – algún sistema de vehículo conectado, que permite acceder a servizos de emerxencia en caso de accidente ou estar ao día das actualizacións que precisa o noso vehículo.

Co obxectivo de universalizar este servizo, Movistar lanzou hai xa algún tempo o servizo Movistar Car, do que a compañía presume. E non é para menos, durante o 2020 o sistema estableceu 3.392 chamadas ao centro de asistencia, das que o 5,98% precisaron servizos a maiores, que grazas a Movistar Car SOS puidéronse xestionar dunha maneira máis sinxela e áxil.

Movistar Car componse dun aparatiño que se conecta ao coche, e dun servizo que se xestiona a través dunha aplicación. No caso de detectar un impacto, o dispositivo envía un aviso automaticamente e o servizo de asistencia contacta mediante chamada telefónica para verificar o estado e xestionar o contacto co 112 en caso de ser necesario.

Porén, máis aló deste servizo, Movistar Car ofrece unha rede WiFi con 10 GB para poder conectar dispositivos abordo, como poden ser tablets de entretemento, teléfonos ou calquera outro dispositivo que consideremos, unha franquía de datos que podemos ampliar, como se de unha liña calquera se tratase.

Tamén leva unha conexión ao porto OBD de diagnose(que existe en todos os vehículos fabricados desde 2004) para detectar automaticamente fallos no vehículo, facer valoración das reparacións e programar citas co servizo técnico nunha serie de talleres que ofrecen descontos á clientela de Movistar.

Por último, Movistar Car incorpora navegación GPS que non consume datos, e localización GPS para saber onde deixamos aparcado o coche en todo momento, ou se no lo levou a grúa.

Oferta durante o mes de febreiro

Movistar Car pode contratarse a través da web, en tendas Movistar, no 1004 ou na rede de talleres Eurotaller. Ademais, contratando antes do 28 de febreiro, a cota de alta e os tres primeiros meses son de balde, custando a partir de entón 3 euros ao mes.

Sobre o autor

Reply