Pantalla e batería: así é o TCL 20 SE que chega ao noso país

O fabricante chinés TCL vén de anunciar a chegada do novo TCL 20 SE de maneira oficial ao noso país, un trebello que destaca por contar cunha pantalla de grandes dimensións e unha batería de gran capacidade a un prezo bastante contido.

O trebello incorpora un panel IPS LCD de 6,82 polgadas, con resolución FullHD e unha relación de aspecto de 20,5:9. Esta está alterada pola presenza do notch na parte superior para albergar a cámara frontal, con forma de pinga de auga.

No seu interior atopámonos cun procesador de gama entrada, o Qualcomm Snapdragon 460, xunto con 4 GB de memoria RAM e 64 GB de almacenaxe interna, que podemos ampliar mediante tarxetas de memoria microSD. A batería sitúase nos 5.000 mAh con Qualcomm QuickCharge 4.0, sendo outra das características a destacar neste modelo.

Leva unha cámara cuádruple na parte traseira do dispositivo. A cámara principal é de 16 Mpx, e está acompañada dun sensor gran angular de 5 Mpx, un sensor macro de 2Mpx e outro sensor de 2 Mpx como sensor de profundidade. Na parte frontal do dispositivo temos unha cámara única, de 8 Mpx con f/.20.

Completando a listaxe de características temos a conectividade Bluetooth 5.1, WiFi, sensor de pegadas dixitais lateral e botón de acceso directo a Google Assistant, jack de auriculares con soporte para Hi-RES e un sistema de altofalantes estéreo.

Dispoñibilidade e prezo

O novo TCL 20 SE xa está dispoñíbel no noso país por 149 euros, puidéndose mercar en verde ou negro.

Sobre o autor

Reply