Fíltrase o Xcover 5, o novo terminal robustecido de Samsung

Estes días atrás filtráronse imaxes do novo teléfono robustecido de Samsung, o Samsung Galaxy Xcover 5, un terminal deseñado para aguantar golpes e condicións máis extremas ca o resto de modelos do catálogo da compañía.

Do seu deseño destaca a eliminación dos botóns dianteiros (menú, inicio e atrás), o que fai que teña mellor aproveitada a parte frontal do trebello e lle confire un deseño máis refinado.

A filtración tamén descubre boa parte da súa folla de especificacións técnicas, onde destaca a pantalla de 5,3 polgadas con resolución HD+ (1600 x 900 píxeles). No interior temos un procesador da casa, o Samsung Exynos 850, xunto con 4 GB de memoria RAM e 64 GB de memoria interna.

No apartado de cámaras, lonxe de apostar por sistemas de dobre, triple ou cuádruple cámara, Samsung ofrece un sensor único de 16 Mpx na parte traseira (cámaa principal) e outro de 5 Mpx para o frontal.

A conectividade vén dada polo porto USB C, e leva unha batería de 3000 mAh de capacidade, con carga rápida de 15W.

Polo de agora descoñécese o resto da súa folla de características, e tampouco hai información sobre a data de lanzamento ou o seu posíbel prezo, aínda que podemos facernos á idea de que andará polos marxes dos anteriores membros da familia Xcover.

Sobre o autor

Reply