Toda a información dos novos Vivo S9 e Vivo S9e

O fabricante chinés Vivo vén de anunciar o lanzamento de dous novos terminais que, con moita seguridade se venderán de maneira oficial no noso país. Trátase dos Vivo S9 e Vivo S9e, dous trebellos idénticos por fóra que se sitúan dentro do que consisderamos a gama media – alta.

Idénticos por fóra e moi parecidos por dentro

Ambos os dous modelos son idénticos en canto a deseño, aínda que entre eles varían algunhas das súas características técnicas, especialmente no que ten a ver coa potencia e a fotografía.

Tanto o Vivo S9 como o S9e veñen equipados cunha pantalla AMOLED de 6,44 polgadas, resolución FullHD+ (2400 x 1080 píxeles) e un formato de pantalla de 20:9. A taxa de refresco é de 90 Hz.

No interior do dispositivo temos un procesador MediaTek Dimensity 1100, no caso do S9, e un MediaTek Dimensity 820, no S9e. A RAM é de 8 ou 12 GB e a memoria interna de 128 ou 256 GB ampliábeis por microSD, dependendo da versión e modelo. A batería sitúase nos 4000 mAh con carga rápida de 33 W no S9 e nos 4100 mAH no S9e, en especificar sistema de carga rápida.

Se falamos de fotografía, ambos os dous veñen equipados cun sistema de triple cámara na parte traseira, composto por un sensor principal de 64 Mpx con f/1.7, un untra gran angular de 8 mPx con f/2.2 e un sensor macro de 2 Mpx con f/2.4. Os cambios entre os modelos témolo na cámara dianteira, onde o Vivo S9 leva un sensor dobre (principal de f/2.0 + ultra gran angular de 8 mpx con f/2.28), e o S9e un sensor único de 32 Mpx.

Completan a folla de especificacións destes modelos o pack máis completo de conectividade (5G, 4G LTE, Bluetooth 5.1, WiFi 6, NFC…), así como a incorporación dun sensor de pegadas dixitais baixo a pantalla.

Dispoñibilidade e prezo

Polo de agora estes modelos son oficiais en Asia, onde o Vivo S9 ten previsto saír á venda por uns 310 € ao cambio en tres cores, Diamond Crystal, Aurora Blue e Obsidian Black. Do S9e aínda non se coñece o prezo oficial.

Para a súa chegada ao noso país aínda vai haber que esperar un pouco, será cuestión de que a marca confirme o momento e o prezo nas próximas semanas.

Sobre o autor

Reply