Sweno, o novo operador de móbil e fibra de El Corte Inglés e MásMóvil

Unha década despois de dalo por descartado, El Corte Inglés relanza o proxecto para pór en marcha un operador de fibra en móbil baixo o nome Sweno. Este novo operador virtual xa é unha realidade, e chegará ao longo do ano en colaboración co Grupo MásMóvil.

O acordo entre El Corte Inglés e MásMóvil foi asinado esta mesma semana, e permitirá ao primeiro ofrecer servizos de telecomunicación contando coa infraestrutura técnica de MásMóvil, aínda que polo de agora non se deu máis información sobre tarifas ou outros aspectos que poida englobar dito acordo.

O obxectivo da cadea de grandes almacéns é combinar esta nova oferta de comunicación coa sección tecnolóxica da compañía, centrándose sobre todo no fogar intelixente de cara a poder lanzar novos servizos nese eido.

Cobertura

A rede de MásMóvil que poderán disfrutar as usuarias que se apunten a Sweno, ofrece actualmente unha cobertura móbil que chega ao 90% da poboación do Estado a través das redes 4G, e que moi paseniño vai dando os seus primeiros avances co 5G. Pola banda fixa, a compañía conta con 14 millóns de fogares conectados á fibra óptica, e conta cun acordo de colaboración con Orange que lle permiten chegar a 11 millóns de fogares máis.

Sobre o autor

No Responses

Reply