R multiplica até catro veces a cobertura e a velocidade do sinal WiFi co novo servizo WiFi Mesh

A operadora galega R puxo en marcha o servizo WiFi Mesh, co que pretende resolver un dos problemas que máis habituais arredor da WiFi entre as usuarias.

Segundo apuntan desde a compañía, o 90% da clientela de Galiza utiliza a WiFi para conectarse no fogar de maneira habitual, e o 47% faino exclusivamente con esta tecnoloxía. Ademais, o mesmo estudo sinala que en media téñense 4,9 equipos conectados a Internet por vivenda, dos cales 3,7 fano mediante redes sen fíos.

Este aumento de equipos conectados de maneira inarámica provoca problemas de cobertura ou de diminución das velocidades de descarga homexénea en todos os cuartos, xa que os máis afastados do router poden ver diminuída a súa potencia e a fluidez do sinal de Internet, co risco de desconexións inoportunas.

Para rematar con esta problemática, R aposta poa tecnoloxía WiFi Mesh, grazas á cal as usuarias poden dispór de até 4 veces máis cobertura na vivenda, e acadar velocidades máis altas en WiFi ca con outros dispositivos, como PLCs ou repetidores. E todo iso cun sinal moito máis estábel.

A compañía ofrece un paquete dous dispositivos WiFI Mesh, que se comunican entre si para formar unha rede WiFi única, con algoritmos específicos que garanten a cada un dos dispositivos do fogar (smartphones, tablets, consolas, aparellos de domótica, cámaras, alarmas, termostatos…) estar conectados á rede Mesh e ter así, sempre, o mellor sinal e a menor latencia posíbeis, mesmo en vivendas de gran superficie.

A través da aplicación de R pode xestionarse a rede WiFi, para consultar ou cambiar o nome, restablecer o cotnrasinal, consultar os dispositivos conectados (permitindo ou bloqueando a conexión dos mesmos), entre outras.

En canto á oferta, R ofrece este servizo con dous amplificadores por 4 €/mes durante 24 meses, aínda que a clientela cun combo infinito disporán do servizo de maneira gratuíta, tendo que pagar unicamente 15 € en concepto de alta.

Sobre o autor

Reply