Samsung anuncia os novos Galaxy A52, A52 5G e A72

Samsung anunciou onte a chegada de novos dispositivos da serie A, a familia de terminais de gama media do fabricante surcoreano. Trátase dos novos modelos Galaxy A52 e a súa versión 5G, o Galaxy A52 5G, así como tamén o Galaxy A72, todos eles dotados dunha pantalla nítida e resistencia á auga entre as súas características destacadas.

Aposta pola cámara

Non cabe dúbida de que unha das características máis demandadas polas usuarias á hora de facerse cun novo smartphone é a calidade da súa cámara. Nese sentido, Samsung leva tempo mellorando a experiencia na gama media, e os novos modelos son un exemplo disto.

Os novos modelos contan cunha cámara cuádruple, co principal sensor de alta resolución (64 MP), que permite capturar vídeo en resolución 4K. Ademais, ten recoñecemento de escenas grazas ao uso da Intelixencia Artificial, capaz de diferenciar até 30 modos diferentes.

Coa estabilización óptica de imaxe (OIS) permítenselle ás usuarias certas licenzas á hora de sacar vídeos máis estábeis en movemento, e o uso do modo nocturno promete mellores fotos cando a luz escasea, mellorando a experiencia desta gama.

Completando este apartado, nos novos Galaxy A presentados onte temos AR Emoji e filtros, que se permite aplicar lentes AR de Snapchat a través do “Modo Diversión”, incluído de serie na aplicación de cámara.

Pantalla máis fluída

As pantallas dos novos Galaxy A tamén avanzan cara modelos cunha mellor frecuencia de refresco, que chega aos 120 GZ no caso do Galaxy A52 5G, mentres que o Galaxy A52 e o Galaxy A72 quedan nos 90 Hz. En canto á luminosidade, esta sitúase nos 800 nits para unha visualización correcta en exteriores.

Dispoñibilidade e prezo

Os novos Galaxy A52, Galaxy A52 5G e Galaxy A72 xa están dispoñíbeis, cunah promoción de lanzamento que inclúen os Galaxy Buds+ como agasallo. Poderanse adquirir en catro cores (violeta, azul, negro e branco), e o seu prezo varia en función da combinación de memorias escollida:

ModeloPrezo
A72 (8+256GB)509 euros
A72 (6+128GB)449 euros
A52 5G (8+256GB)489 euros
A52 5G (6+128GB)429 euros
A52 (8+256GB)409 euros
A52 (6+128GB)349 euros

Especificacións técnicas

No seguinte cadro pódense consultar as características técnicas dos tres modelos presentados.

EspecificaciónsGalaxy A52Galaxy A52 5GGalaxy A72
PantallaFHD + Super AMOLED 6,5″
Pantalla Infinity-O
(1080 x 2400), 407 ppp
90 Hz
FHD + Super AMOLED 6,5″
Pantalla Infinity-O
(1080 x 2400), 407 ppp
120 Hz
FHD + Super AMOLED 6,7″
Pantalla Infinity-O
(1080 x 2400), 394 ppp
90 Hz
* Pantalla Infinity-O: pantalla frontal completa casi sen borde.
Dimensións e peso75.1 x 159.9 x 8.4mm
189g
75.1 x 159.9 x 8.4mm
189g
77.4 x 165.0 x 8.4mm
203g
Cámara[Frontal]
32MP FF (F2.2, 0.8µm)
[Frontal]
32MP FF (F2.2, 0.8µm)
[Frontal]
32MP FF (F2.2, 0.8µm)
[Traseira]
Principal: AF OIS de 64MP (F1.8, 0.8μm)
Gran Angular: 12MP FF (F2.2, 1.12µm)
Macro: 5MP FF (F2.4, 1.12µm)
Profundidade: 5MP FF (F2.4, 1.12µm)
*Zoom dixital até 10X
[Traseira]
Principal: AF OIS de 64MP (F1.8, 0.8μm)
Gran Angular: 12MP FF (F2.2, 1.12µm)
Macro: 5MP FF (F2.4, 1.12µm)
Profundidade: 5MP FF (F2.4, 1.12µm)
*Zoom dixital até 10X
[Traseira]
Principal: AF OIS de 64MP (F1.8, 0.8μm)
Gran Angular: 12MP FF (F2.2, 1.12µm)
Macro: 5MP FF (F2.4, 1.12µm)
Teleobxectivo (3x): AF de 8 MP (F2,4, 1,0 µm)
*Zoom dixital até 30X
Zoom óptico a 3X
ProcesadorOcta-Core (2×2.3 ㎓ + 6×1.8 ㎓)Octa-Core (2×2.2 ㎓ + 6×1.8 ㎓)Octa-Core (2×2.3 ㎓ + 6×1.8 ㎓)
MemoriaRAM: 6/8GBROM: 128/256GBRAM: 6/8GBROM: 128/256GB​RAM: 6/8GBROM: 128/256GB
* Pode cambiar segundo mercado
Memoria ampliábel & Tarxeta SIM2 ranuras (SIM 1 + Híbrido)
Micro SD: Até 1TB
* A microSD usa o espazo da SIM2
Batería4,500 mAh (típica)4,500 mAh ​(típica)5,000 mAh (típica)
*Estándar
CargaCarga rápida de 25 W
* Por cable compatíbel con QC2.0 y AFC.
Sistema OperativoAndroid 11
Rede4G5G Sub6 FDD,5G Sub6 TDD4G
* Velocidade depende da cobertura
ConexiónWi-Fi 802.11 a/b/g/n/ac (2.4G+5GHz)
Bluetooth® v 5.0
USB Type 2.0-C
Localización (GPS, Glonass, BeiDou, Galileo)
* BeiDou non dispoñíbel en certos países.
PagoNFC
* Compatíbel con Samsung Pay
SensoresAcelerómetro
Sensor de pegadas dactilares,
Sensor xiroscópico,
Sensor xeomagnético,
Sensor Hall,
Sensor de luz,
Sensor de proximidade virtual
AutenticaciónTipo de bloqueo: patrón, PIN, contrasinal
Tipo de bloqueo biométrico: recoñecemento facial, sensor de pegadas dactilares
Audio[Son de altofalantes estéreo de AKG]
Son envolvente con tecnoloxía Dolby Atmos 
* Algunhas características son a través de auriculares
Vídeo [Conexión de TV]
Screenmirroring 1080p a 30fps
Resistencia á AugaIP67
* Até 1 metro de auga doce por 30 minutos.

Sobre o autor

Reply