OnePlus presenta a súa tecnoloxía de carga máis rápida até o de agora

O fabricante chinés OnePlus continúa avanzando na mellora das súas tecnoloxías de carga rápida nos seus dispositivos cos sistemas Warp Charge 50 Wireless e Warp Charge 65T, que por primeira vez son implementadas nun dispositivo, o OnePlus 9 Pro.

A través do cable, grazas ao uso a tecnoloxía Warp Charge 65T de 65W, o OnePlus 9 Pro pode cargarse desde o 1% até o 100% en só 43 minutos, converténdose nun dos máis rápidos en acadar a carga completa a nível mundial. Tamén mellora a carga sen fíos, acadando os 50W de carga inarámica, fronte os 30W do modelo anterior, o OnePlus 8 Pro.

Para acortar o tempo de carga, OnePlus aproveitou a configuración de dobre célula para cargar ambas a 25W a través da bobina de carga, ademais de terese preocupado de optimizar toda a cadea de compoñentes, como bobinas ou circuítos integrados.

Por outra banda, a compañía tamén traballou para conseguir unha mellor distribución de calor, especialmente na carga sen fíos, onde as amperaxes adoitan producir valores máis altos de calor. Para isto optaron por utilizar enerxía de alto voltaxe e implementar deseños que de por si reducen a calor, incluíndo unha cámara de vapor máis grande para o enfriamento.

Novo deseño do cargador sen fíos

Para poder sacarlle todo o partido a estas tecnoloxías de carga, OnePlus tamén redeseñou os cargadores. Así, o novo cargador compatíbel coa tecnoloxía Warp Charge 50W está equipado con dúas bobinas, o que permite cargar o teléfono vertical ou horizontalmente, isto último pensando en poder consumir vídeos mentres se está a cargar o dispositivo.

Así mesmo, este cargador vén con cable desmontábel para poder usar o cable do cargador Warp Charge 65 (incluído na caixa) e un “modo descanso“, que permite programar as horas de sono co obxectivo dunha carga xeral máis tranquila durante a noite.

Sobre o autor

No Responses

Reply