Xiaomi pon á venda o seu novo televisor Mi TV Q1 de 75″

Xiaomi anunciou esta semana a chegada ao noso país do seu televisor Mi TV Q1 de 75″, a súa proposta máis premium de televisor QLED 4K do seu catálogo. Trátase dun produto, equipado cun panel de 75 polgadas, tecnoloxía de puntos cuánticos, Android TVTM 10 e unha experiencia de televisión intelixente mellorada.

A Mi TV Q1 75″ conta cun deseño elegante e minimalista, e un acabado premium metálico, aínda que os seus puntos fortes están nas características técnicas, onde ofrece unha experiencia cinematográfica grazas á súa pantalla de resolución 4K UHD e 178 graos de visión.

O panel 4K QLED acomoda o 100% da gama de cores NTSC con 1070 millóns de variacións de cor e 1024 tons de cor diferentes. Está equipado con 192 zonas de atenuación local dinámica de matriz completa, mantendo un contraste de imaxe elevado e acadando unha relación estelar de 10.000:1. Ten soporte para Dolby Vision e HDR10+, así como unha taxa de refresco de 120 Hz, portos HDMI 2.1 e unha baixa latencia automática (ALLM).

No que ten que ver co audio, integra un sistema de altofalantes estéreo de 30W que emprega seis altofalantes – dous tweeters e catro woofers para un son cristalino. Así mesmo, é compatíbel con Dolby AudioTM e DTS-HD.

Como non podería ser de outro xeito, a nova smart TV de Xiaomi vén equipada coa última versión de Android TV 10, ofrecendo máis de 700.000 películas e programas de televisión, ademáis de máis de 5.000 apps a través da Play Store. É compatíbel coa aplicións como Netflix, Amazon Prime e YouTube, que xa veñen preinstaladas, e dispón de acceso directo a Netflix e Amazon prime Video a través do mando a distancia, con botóns adicados. Tamén integra Google Chromecast sen necesidade de ter que instalalo como un accesorio.

Dispoñibilidade e prezo

O novo televisor de Xiaomi está dispoñíbel para mercar a través da páxina web da compañía, mi.com, a rede de tendas físicas Mi Store e MediaMarkt, cun prezo de venda de 1299 €.

Sobre o autor

Reply