Xiaomi amplía a serie Mi 11 con novos lanzamentos

A comezos de febreiro Xiaomi anunciou o seu novo flagship, o Xiaomi Mi 11, un dispositivo chamado a ser acompañado por outros trebellos da serie. Nun evento celebrado onte, a compañía chinesa anunciou estes compañeiros de viaxe, o Mi 11 Ultra, Mi 11i, Mi 11 Lite 5G e Mi 11 Lite, ademais da nova pulseira de actividade, a Mi Smart Band 6, e o novo proxector Mi Smart Projector 2 Pro.

Xiaomi Mi 11 Ultra

O Xiaomi MI 11 Ultra é unha versión vitaminada do Mi 11, que destaca pola fotografía e videografía nos móbiles, algo que xa avanza o prominente módulo adicado ás cámaras traseiras. Está equipado cunha configuración de triple cámara profesional, cos sensores máis avanzados até o de agora entre os usados por Xioami.

Leva un procesador Qualcomm Snapdragon 888, pantalla AMOLED quad-curved de 120 Hz e carga rápida, tanto sen fíos como por cable, onde pode cargar o 100% da batería en 36 minutos, grazas aos seus 67 W.

Os tres lentes da cámara admiten vídeo de 8K a 24 fps, e a súa pantalla é compatíbel co sistema Dolby Vision, HDR10+ e soporte de representación de cor de 1.07 mil millóns. Ademais, conta unha pantalla traseira AMOLED de 1.1 polgadas que se duplica como unha pantalla “always on”, ventá de notificación ou unha pantalla de vista previa para selfies.

Estará á venda nunha versión de 12 + 256 GB por 1.199 euros.

Xiaomi Mi 11i

A diferenza do Mi 11 e Mi 11 Ultra, este modelo conta con pantalla premium e un corpo de cristal de 7.8 mm. Leva o sensor de pegadas dixitais no lateral e un panel DotDisplay AMOLED de 6,67 polgadas, cun dos orificios de cámara máis pequenos, de tan só 2,76 mm.

A súa pantalla é compatíbel con HDR10+, taxa de refresco de 120 Hz e de msotreo táctil de 360 Hz. Ademais, completan a experiencia multimedia os altofalantes duais e Dolby Atmos. A batería fica nos 4.520 mAh, sendo compatíbel coa carga rápida de 33 “.

O novo Mi 11i chegará en dúas variantes, 8 + 128 GB ou 8 + 256 GB, comezando o seu prezo nos 649 euros.

Mi 11 Lite 5G e Mi 11 Lite

Ambos modelos apostan por un deseño ultradelgado (6,81 mm) e lixeiro (159 gramos), para ofrecer unha mellor sensación na man. Levan triple cámara traseira cun lente principal de 64 MP, e o modelo 5G o procesador Qualcomm Snapdragon 780G3 dándolle vida.

O Mi 11 Lite 5G chegará en dúas variantes, con 6 ou 8 GB de RAM, e ambas con 128 GB de memoria interna. Ten un prezo de partida de 369 euros. Pola súa banda, a versión 4G pódese mercar desde 299 na versión de 6 + 64 GB, aínda que hai unha versión de 6 + 128 GB.

Mi Smart Band 6

A Mi Smart Band 6 é a última versión da pulseira intelixente máis vendida. Leva unha pantalla AMOLED de 1,56 polgadas, con resolución 329 PPI e aproximadamente un 50% máis de espazo de pantalla que a súa predecesora.

Inclúe 30 modos de adestramento, e é quen de detectar ade maneira automática 6 actividades diferentes. Tamén incorpora diveras funciósn de saúde, que inclúen medición de SpO2, monitorización de frecuencia cardíaca e funcións melloradas de seguimento do sono.

O seu prezo de venda é de 44,99 euros.

Mi Smart Projector 2 Pro

Por último, Xiaomi tamén presentou o proxector Mi Smart Projector 2 Pro, que ofrece unha calidade de imaxe de 1920 x 1080 FHD, con até 1300 lúmens ANSI de alto brillo e compatibilidade con HDR10 para un contraste de cor mellorado.

Tamén conta con altofalantes incorporados de 10W, con soporte DTS-HD e Dolby Audio para un rendemento maior. Funciona co sistema ANdroid TV, e é compatíbel con Chromecast e Google Assistant, o que fai que o control por voz convirta a este dispositivo nun centro de entretemento para os fogares.

Poderase mercar por 999,99 euros, aínda que se porá á venda cun prezo promocional de 899,99 €.

Sobre o autor

No Responses

Reply