Novo estándar WiFi 802.11bf, con medición de distancia

Co WiFi 6E aínda en fase de despegue, e o WiFi 7 (802.11be) practicamente defindo, a IEEE xa avanza un novo estándar para redes sen fíos, o WiFi 802.11bf, que seguramente acabe por chamarse WiFi 8 ou WiFi SENS. Trátase do ultimísimo protocolo sobre o estándar WiFi, que destaca pola súa “sensibilidade”, capaz de detectar distancias e movementos, o que supón un avance nesta tecnoloxía.

Aínda que a IEEE (entidade de normalización de estándares tecnolóxicos) apunta ao mes de setembro de 2024 como data probábel para que este novo estándar WiFi chegue ás usuarias a través de prdotuos comerciais, nestes momentos estase a traballar nel, avanzando as melloras que terá: velocidade, estabilidade e sensibilidade (SENS)

Esta última, a SENS permitirá detectar e rastrexar obxectos e persoas dentro do seu rango de alcance, co obxectivo de medir a distancia e velocidade na que se move, o que sen dúbida ten moitos usos en áreas como a seguridade doméstica ou a ubicación e mapeo de interiores, por exemplo para guiarnos por centros comerciais, estacións ou aeroportos de maneira fiábel e precisa.

De momento aínda queda moito, pero podemos ir coñecendo un pouco máis sobre este tema na páxina do IEEE.

Sobre o autor

Reply