LG confirma até 3 anos de actualizacións de software nos seus dispositivos

Como xa vos contamos, iniciamos esta semana coa nova de que LG abandona o mercado da telefonía móbil, co peche desta unidade o próximo 31 de xullo. Malia que no propio anuncio o fabricante surcoreano xa adiantaba que mantería o soporte aos dispositivos xa fabricados e no mercado, a compañía fixo onte público un comunicado no que adianta máis información.

Así, todos os modelos de gama alta lanzados en 2019 e boaa parte dos de 2020 recibirán entre dúas e tres actualizacións completas do sistema operativo, é dicir, novas versións de Android. A serie G, a serie V, o Velvet e Wing serán os maiores beneficiarios, con tres actualizacións, mentres que o LG Stylo ou a serie K recibirán dúas.

O obxectivo de LG é darlle seguridade ás usuarias, tanto ás que teñen un modelo na actualidade como as que poidan animarse a mercalo en próximas datas, xa que como anunciou a compañía todos os modelos producidos seguen á venda e co soporte e garantías habituais.

Sobre o autor

Reply