Alcatel 1S (2021), un gama entrada por 109 €

O fabricante Alcatel deu a coñecer estes días un novo modelo de smartphone de gama entrada, o Alcatel 1S (2021). Trátase dun dispositivo sinxelo, á vez que completo, que se pon á venda no noso país por 109 € e que conta cunha folla de especificacións que nos deixa varias sorpresas.

O terminal vén equipado cunha pantalla HD+ Vast Display de 6,52 polgadas (resolución 720 x 1600 píxeles), con ratio 20:9 e unha relación pantalla – corpo do 88,5%. No seu interior leva un procesador de oito núcleos (4 x Cortex A53 a 1,8 GHz + 4 x Cortex A53 @ 1,5 GHz), xunto con 3 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna, ampliábeis a través de tarxetas microSD (condicionando así o uso da segunda SIM). A súa batería é de 4.000 mAh de capacidade.

No apartado fotográfico é onde nos atopamos unha das características máis interesantes, especialmente nun terminal desta gama. E é que o novo Alcatel 1S (2021) dispón dunha cámara principal formada por tres sensores, o principal de 13 megapíxeles con funcións de intelixencia artificial. Xunto a este sensor temos un segundo de profundidade de 2 MP e tamén unha cámara macro de 2 MP para conseguir, respectivamente, mellores fotos en modo retrato e con obxectos próximos. A cámara frontal queda nos 5 MP e é compatíbel con HDR.

Destaca tamén que o novo modelo de Alcatel aposta pola identificación a través do recoñecemento facial, facendo uso da cámara dianteira, e polo lector de pegadas dixitais. Ademais, dispón dun botón físico adicado a Google Assistant e Android 11 como versión do sistemar operativo de serie.

Como avanzamos ao comezo do artigo, o novo Alcatel 1S (2021) xa se pode mercar, cun prezo ao público de 109 €, estando dispoñíbel en neegro (Elegant Black) e azul (Twilight Blue), a través dos principais puntos de venda.

Sobre o autor

Reply