Novos plans de Vodafone para mocidade en busca de emprego e colectivos en situación de vulnerabilidade

A operadora Vodafone vén de sumarse ao cada vez máis amplo grupo de operadoras que ofrecen plans sociais, adicados a colectivos que poidan ter maiores dificultades á hora de ter que afrontar unha cota de telefonía. En concreto, a compañía vén de anunciar tarifas de conectividade móbil e no fogar destinadas ás menores de 30 anos en situación de desemprego e ás persoas beneficiarias do Ingreso Mínimo Vital IMV).

Pensando nas menores de 30 anos en situación de busca activa de emprego (e inscritas no Servizo Público de Emprego Estatal), Vodafone preparou dúas tarifas:

  • Heavy Yuser Fifty – Fifty. Ofrece 30 GB acumulábeis de navegación e gigas ilimitados en aplicacións de mensaxería e redes sociais, ademais de chamadas ilimitadas, por 10 €/mes.
  • Heavy Yuser + Internet. Ademais da tarifa móbil descrita anteriormente, inclúe un router 4G para o fogar, con navegación ilimitada, por 25 €/mes. Vodafone asume os custes do equipo router 4G e do seu envío.

Ambos os dous plans pódense contratar a través da web, e as persoas que desexen acceder a elas deberán anexar a documentación acreditativa de estar en situación de desemprego. As tarifas teñen unha vixencia de 6 meses, e transcorrido ese prazo a clientela deberá acreditar que continúa nesa situación para seguir desfrutando desta cota reducida.

De outra banda, Vodafone creou a Tarifa Conectad@s para persoas beneficiarias do Ingreso Mínimo Vital, que de maneira semellante á proposta anterior ofrece dúas modalidades:

  • Tarifa Conectad@s: inclúe 15 GB de navegación e chamadas ilimitadas por 10 €/mes
  • One Conectad@s: inclúe, ademais da liña Conectad@s, un router 4G para navegar de maneira ilimitada no fogar por 25 €/mes.

Neste caso, as tarifas teñen unha vixencia mínima dun ano, prorrogábel outro ano máis acreditando a percepción do IMV.

Todas estas tarifas poderán contratarse desde a web de Vodafone a partir do 19 de abril.

Sobre o autor

Reply