Novos Wiko Power U, con autonomía para catro días

O fabricante de orixe francés Wiko vén de adiantar a súa nova gama de smartphones Power U, formada polos modelos Wiko Power U10, Power U20 e Power U30, tres dispositivos que chegarán nas próximas semanas ao noso país, e nos que se aposta pola autonomía como unha das súas características máis destacadas.

Segundo os datos que facilita o fabricante, os Power U30 e Power U20 acadan os catro días de autonomía grazas ao uso de baterías de 6.000 mAh en ambos casos, mentres que o Power U10 queda nos tres días e medio cunha batería de 5.000 mAh. Ademais, Wiko dotou a estes modelos da tecnoloxía de intelixencia propia AI Power, que axuda a que estes dispositivos optimicen o consumo de enerxía xestionando a actividade das aplicacións para maximizar a operatividade das usuarias ao tempo que se reduce a dependencia do cargador.

Toda a serie vén equipada con procesadores de oito núcleos, e cunha pantalla de grandes dimensións, concretamente de 6,8 polgadas con relación de aspecto 20.5:9. A cámara frontal intégrase nesta pantalla cun notch en forma de V de reducidas dimensións.

A falta de concretar as follas de especificacións destes tres modelos, que coñeceremos nas próximas semanas, a marca avanza que contarán cunha ampla capacidade de almacenaxe e cámaras dotadas con tecnoloxías para optimizar e mellorar imaxes dunha maneira máis sinxela e intuitiva. E todo iso, baixo Android 11.

Cores e packaging

O Wiko Power U10 estará dispoñíbel nas cores Carbone Blue e Turquesa, o Power U20 nun acabado con reflexos multicor en Slate Grey e Navy Blue e, finalmente, o Wiko Power U30 contará cun efecto gradiente en Carbone Blue e Mint.

Todos eles estrearán ademais un novo packaging moito máis respetuoso co medio ambiente, realizado en cartón cun 70% de papel reciclado, así como impresión a dúas tintas para facilitar o seu reaproveitamento.

Sobre o autor

2 Comments

  1. Pedro Branco 14 Abril, 2021 Responder

Reply