Máis de 30.000 Xiaomi Mi Mix Fold vendidos nun minuto

A finais do mes de marzo Xiaomi deu a coñecer o Mi Mix Fold, o primeiro teléfono pregábel da compañía, do que falamos polo miúdo neste outro artigo. Trátase dun trebello que ofrece ás usuarias a oportunidade de traballar cunha pantalla OLED flexíbel de 8,01 polgadas – cando está despregado – ou de 6,52 polgadas cando se usa como un smartphone ao uso.

Unha vez aberta a venda ao público na China, o fabricante conseguiu esgotar todas as existencias iniciais dispoñíbeis – entre 30.000 e 40.000 unidades – nun minuto, permitíndolle recadar uns 400 millóns de yuáns (uns 50 millóns de euros ao cambio).

Polo de agora descoñécese cando ten previsto Xiaomi ofrecer este dispositivo de maneira global, e nomeadamente no noso país, onde o fabricante chinés conta cun asentado – e crecente – mercado. Tampouco deu pistas do prezo ao cambio que terán que pagar as persoas que desexen facerse con este peculiar dispositivo, que se comercializa en tres versións: 12 + 256 GB, 12 + 512 Gb e 16 + 512 GB.

Sobre o autor

One Response

  1. s 19 Abril, 2021 Responder

Reply