O fabricante de accesorios informáticos Trust vén de iniciar unha campaña de fidelización destinada a todas aquelas persoas que queiran aproveitar a primavera para mercar un ou varios produtos da marca, cuxo importe sexa de 40 euros – ou superior – dentro das categorías Office, Gaming ou Lifestyle que ten a compañía.
A promoción estará dispoñíbel até o próximo 24 de maio, e para participar é preciso rexistrar o ticket de compra no landing page da campaña. As persoas que participen desta recibirán como agasallo unha powerbank Trust Primo Ultra de 5000 mAh de capacidade.
Esta powerbank destaca polo seu deseño compacto e lixeiro, e é capaz de cargar dispositivos a través dos portos USB-A e USC-C, mesmo de maneira simultánea. Ademais, é compatíbel cos sistemas de carga rápida, polo que tamén é cómoda para tela sempre a punto para saír da casa.