Se tes 99.999 €, xa podes reservar o primeiro televisor enrolábel de LG

Liches ben. O fabricante surcoreano LG vén de anunciar que pon á venda no noso país o primeiro televisor enrolábel do mundo, o LG Signature OLED R, un peculiar dispositivo que a clientela interesada pode reservar a partir desta mesma semana, iso si, a un prezo de venda ao público de 99.999 €.

O novo televisor de LG conta cun panel OLED flexíbel de 65 polgadas, creado a partir dunha única lámina de vidro, e conta con píxeles autoiluminados e un control de atenuación independente para ofrecer calidade de imaxe cun alto grao de profundidade e realidade. O fabricante presume ademais de que este panel está certificado pola Societé Generale de Surveillance (SGS), con sede en Suíza, pro producir menos contaminantes atomosféricos, reducir o uso de sustancias perigosas e ser máis doado de reciclar.

Ademais, o logo panel OLED de LG é dos primeiros en contar con certificación Eyesafe, ao cumprir o requirimento de baixa emisión de luz azul. Suma tamén certificacións TÜV THeinland e Underwriters Laboratories.

Porén, o que sorprende deste modelo é que a diferenza de outros aparellos que ocupan espazo visual mesmo estando apagados, o LG Signature OLED R é único polo seu panel que pode desaparecer cando non se utiliza, logrando unha armonía espacial no fogar. LG distingue tres modos de uso: Full View, Line View e Zero View, que se correspondente co televisor completamente despregado, a medias ou totalmente oculto, como podemos ver nas seguintes imaxes.

Full View
Line View
Zero View

As persoas que estean interesadas en facerse cun destes modelos deberán, ademais de abonar os 99.999 €, agardar pola súa produción, xa que cada un destes modelos prodúcese por encargo e se termina cunha atención artesanal polos ao detalle polos profesionais máis calificados de produción que LG ten en Corea do Sur. O tempo de espera aproximado é de catro meses.

Sobre o autor

Reply