Novo Samsung Galaxy M12, destinado ao público xuvenil

Samsung anunciou esta semana o lanzamento no noso país do novo Galaxy Galaxy M12, o último dispositivo en chegar ao seu catálogo de terminais, e que supón a continuación da serie iniciada o ano pasado polos Galaxy M11 e Galaxy M21. Trátase dun colorido terminal que aposta por integrar unha pantalla Infinity-V con taxa de refresco de 90 Hz e unha batería de 5.000 mAh de capacidade como principais reclamos dun dispositivo con clara orientación ao público xuvenil.

Fomentar o uso do dispositivo como centro de entretemento é un dos obxectivo de Samsung con este terminal. Así, a súa pantalla é un dos principais reclamos, ao actualizarse cunha taxa de refresco de 90 Hz. Trátase dun panel HD+ Infinity-V que acada as 6,5 polgadas, un tamaño axeitado para consumir series ou multimedia, ademais cunha relación de aspecto de 20:9. Completando esta experiencia multimedia, o Galaxy M12 ofrece compatibilidade co sistema de son Dolby Atmos, tanto a través dos auriculares fiados como polos que se vía Bluetooth.

No interior atopámonos cun procesador Samsung Exynos 850 de oito núcleos a 2.0 GHz, xunto con 4 GB de memoria RAM e opcións de 64 ou 128 GB de capacidade interna, ampliábeis con tarxetas microSD. A batería fica nos 5.000 mAh de capacidade, con sistema de carga rápida e cargador incluído, de 15W.

Samsung tamén presume de cámara, integrando na parte traseira unha cámara principal cuádruple, cun sensor principal de 48 MP como principal reclamo, que está acompañado por un lente gran angular de 5 MP con campo de visión de 123 graos, un sensor macro de 2 MP para tomas en primeiro plano e unha cámara de profundidade de 2 MP. Para as persoas amantes das selfies, a experiencia de autorretrato ofrécea un sensor frontal de 8 MP.

Como sistema operativo leva Android 11, aderezado coa personalización One UI de Samsung, e todas as súas aplicacións habituais. Tamén leva sensor de pegadas dixitais no lateral e conector USB tipo C.

Dispoñibilidade e prezo

O novo Samsung Galaxy M12 pódese adquirir de maneira anticipada até o próximo 2 de maio cun desconto de 50 euros a través de Amazon, PC Componentes ou na propia web de Samsung, quedando o modelo de 64 GB en 209 € (logo 259 €), e o de 128 GB en 229 € (despois 279 €).

Pódese adquirir en tres cores: negro, azul e verde.

Sobre o autor

Reply