A Mi Smart Band 6 de Xiaomi ponse hoxe á venda no noso país

Desde hoxe, luns 26 de abril, pódese mercar no noso país a Xiaomi Mi Smart Band 6, a última versión da pulseira de actividade máis vendida do mundo, que chega cun prezo contido de 44,90 € e varias novidades con respecto á súa predecesora.

A principal novidade é a súa pantalla, un panel AMOLED full screen de 1,56 polgadas, que conta cunha resolución nítida de 326 píxeles por polgada, o que supón arredor dun 50% máis de espazo de pantalla ca no modelo anterior. Esta pantalla é totalmente personalizábel, a través de máis de 60 temas dispoñíbeis para adaptarse a todo tipo de gustos.

Por outra banda, entre as súas funcionalidades tamén se amplía a selección dos modos de exercicio, para duplicar as opcións no fodo fitness, incluíndo un total de 30 modos diferentes de adestramento. Así, a pulseira code cuantificar tanto adestramentos interiores (estiramentos, adestramentos HIIT), como probar deportes profesionais ou mesmo actividades máis festivas, como a zumba ou a danza urbana. De xeito automático é quen de detectar 6 actividades moi comúns para garantir que as estatísticas chave rexístranse dunha maneira precisa ao longo do día.

En canto ao seguemento da sáude, a Mi Smart Band 6 dispón de medición SpO2, monitorización precisa da frecuencia cardíaca ou unha función mellorada de seguimento do sono, que monitoriza sonecas, ciclos de sono – incluíndo REM – e a calidade da respiración durante o sono. Ademais, tamén monitoriza os níveis de estrés, incorpora unha función de guía de respiración profunda e pode facer un seguimento do ciclo menstrual para proporcionar ás usuarias unha visión completa do seu corpo.

A súa batería ofrece até 14 días de autonomía, e o seu cargador é de tipo magnético. Está certificada cunha resistencia á auga de 5 ATM o que permite realizar actividade como natación ou buceo.

Dispoñibilidade e prezo

Como xa avanzamos a nova Mi Smart Band 6 de Xiaomi ten un prezo de 44,99 €, e pódese mercar a través de mi.com, da rede de tendas propias Mi Stores, Amazon, Alcampo, Carrefour, Decathlon, El Corte Inglés, Fnac, MediaMarkt, The Phone House e Worten.

Sobre o autor

Reply