O servizo de fibra óptica da operadora Digi xa está dispoñíbel en certas zonas de Lugo e Ourense, tras o último movemento de expansión da compañía, que supón a chegada do servizo a todas as provincias, completando as catro que faltaban, entre as que ademais das dúas provincias galegas estaban as de León e Zamora.
As persoas que teñan acceso á cobertura desta operadora podeerán disfrutar dun servizo de Internet fixo con fibra simétrica de 300 Mbps por 25 euros ao mes, e de até 1 Gbps por 30 euros ao més. Porén, estas opcións pódense combinar con plans de móbil de varios xeitos, resultando unha das alternativas máis económicas no mercado actual das telecomunicacións no noso país.
Na súa oferta destaca un plan destinado ás usuarias máis demandantes, co plan IlimiTODO, no que se ofrece o servizo de fibra óptica simétrica de 1 Gbps cunha liña de móbil con gigas ilimitados, 1000 SMS e chamadas ilimitadas (a destinos estatais e tamén internacionais a moitos destinos) por 50 €/mes, cota que se verá rebaixada até os 45 €/mes para as usuarias que elixan o plan con 300 Mbps.
As persoas interesadas en contratar os servizos desta compañía poden dirixirse aos puntos de venda autorizados ou contratalos a través da súa páxina web.