Bizum limita a 60 os cobros mensuais por usuaria

A plataforma de pagos Bizum anunciou esta semana cambios nos límites de operacións mensuais que permite entre usuarias, quedando fixado en 60 operacións de cobro e 150 de pago. As primeiras, de cobro, sofren un importante recurte fronte as 150 que se viñan permitindo até o de agora, algo que a compañía alega facer para garantir a seguridade e calidade de servizo.

Onde non haberá cambios é nos límites das cantidades monetarias por movemento, manténdose en 0,50 euros o mínimo e en 1000 euros o máximo por operación. Ademais, o importe máximo de cobros por usuaria e día non poderá superar os 2000 euros.

Bizum acadou un crecemento expoñencial nos últimos catro anos, chegando a acadar en marzo os 15 millóns de usuarias, dado que o 70% das usuarias de bancos dixitais empregan esta ferramenta que facilita o pago entre contactos, ao precisar unicamente o móbil ou correo electrónico para facer chegar os cartos.

Sobre o autor

Reply