Á venda o novo Surface Laptop 4 de Microsoft

O pasado 13 de abril Microsoft anunciou o – até a data – último dispositivo da familia Surface, o Surface Laptop 4, un dispositivo que xa está á venda no noso país, tanto directamente na tenda en liña de Microsoft, como a través dos retailers habituais, cun prezo de partida de 1129 euros.

O novo portátil de Microsoft ofrece unha pantalla PixelSense con formato 3:2, e dúas opcións de tamaño: 13,5 ou 15 polgadas. Incropora unha cámara frontal HD de alta sensibilidade en entornos pouco iluminados (low-light capacity) e un conxunto de micrófonos ideados para maximizar a calidada das cada vez máis habituais reunións virtuais.

No son apóstase por uns altofalantes Omnisonic con son Dolby Atmos Surroud, o que ofrece ás usuarias unha experiencia multimedia semellante á cinematográfica, e como configuracións de procesador ofrécense diversas opcións con modelos Intel Core de 11ª xeración ou procesadores AMD Ryzen Mobile con Raedon Graphics Microsoft Surface Edition de 8 núcleos, de maneira que cada quen pode adaptar o modelo ás súas necesidades.

Microsoft presume de autonomía, cunha batería que ofrece até 19 horas de uso, e que ademais é compatíbel coa carga rápida. Como sistema operativo leva a versión Windows 10 Pro do propio fabricante, o que fai que sexa un produto 100% Microsoft, tanto no hardware como no software.

Dispoñibilidade

O novo Microsoft Surface Laptop 4 xa está dispoñíbel para mercar no noso país, e facéndoo antes do 18 de maio as usuarias poden disfrutar de até 750 euros de desconto ao entregar un dispositivo Surface. Do mesmo xeito, a tenda oficial tamén ofrece descontos exclusivos de até o 10% destinados a estudantado, mestres e nais e pais.

Sobre o autor

Reply