TCL estrea a súa familia de tablets coa TCL 10 TAB MAX

TCL Communication vén de anunciar o lanzamento no noso país da TCL 10 TAB MAX, unha tablet na que o fabricante aposta por ofrecer unha boa experiencia visual a través dunha pantalla FHD+ de 10,36 polgadas con tecnoloxía NXTVISION, que reproduce as imaxes con detalle dunha maneira realista. Esta tecnoloxía aposta tamén pola protección ocular, reducindo a luz azul para unha lectura máis cómoda e alertando ás usuarias se fan un uso inadecuado dela, situándoa demasiado preto dos ollos.

O dispositivo combina un deseño coidado, cun grosor de 8,3 mm, cunhas características bastante atractivas, entre as que se inclúe a conectividade WiFi e 4G, un procesador de oito núcleos e unha batería de 8000 mAh que prometen oito horas de streaming ou cinco horas de xogos cunha soa carga.

Ademais, a nova TCL 10 TAB MAX tamén se beneficia do programa Android Recommended Enterprise (ARE) de Google, que garante tanto ás usuarias empresariais como ás particulares a implementación de parches de seguridade e actualizacións importantes.

Incorpora dobre micrófono, tanto para a recollida de voz como para a redución do ruído e ofrecer así unha conversa máis fluída, especialmente nas videochamadas, e unha configuración de cámaras que inclúe unha frontal de 8 megapíxeles e unha traseira de 13 megapíxeles.

Dispoñibilidade e prezo

A nova TCL 10 TAB MAX estará dispoñíbel no mercado a mediados de mes, nas cores Frost Blue e Space Gray, podéndose mercar por 249,99 € a versión WiFi e 299,99 € a que completa esta conectividade coa 4G.

Sobre o autor

Reply