Amazon Music HD agora para todos, sen custes adicionais

Amazon Music anunciou onte que a partir de agora o seu nível de streaming de audio de maior calidade, Amazon Music HD, estará dispoñíbel para todas as suscritoras de Amazon Music Unlimited sen custes adicionais, o que supón abrir o acceso á calidade máis alta de streaming de audio para moitas máis usuarias.

Con Amazon Music HD, as usuarias do servizo poden reproducir máis de 70 millóns de cancións en alta definición (HD) e máxima calidade, cunha profundidade de 16 bits e unha frecuencia de mostreo de 44,1 kHz (calidade CD), así como máis de 7 millóns de ctemas en Ultra HD (mellor cá calidade do CD), cunha profundidade de 24 bits e unha frecuencia de mostreo de 192 kHz, que revelan até os matices que adoitaban estar aplanados nos arquivos comprimidos para o streaming dixital.

Amazon Music HD agregou máis de 5 millóns de cancións ao seu catálogo Ultra HD desde o lanzamento do servizo en 2019, o que brinda ás usuarias a maior selección de música Ultra HD. Ademais, con Amazon Music HD, as usuarias tamén teñen acceso a un catálogo de cancións remixturadas en formatos de 3D Audio con Dolby Atmos e Sony 360RA, unha mixturas que se poden reproducir en dispositivos como o Amazon Echo Studio.

Dispoñibilidade

Estas novidades xa están dispoñíbeis tanto para novas usuarias e existentes do plan individual ilimitado de Amazon Music, de 36 euros ao ano para membros Prime e 9,99 € para clientes de Amazon, ou o plan familiar de 14,99 €/mes. Até o de agora, este servizo supuña pagar 5 euros máis ao mes no plan individual ou familiar.

Sobre o autor

Reply