TCL Communication vén de anunciar o lanzamento no noso país do TCL 20L, un terminal que no que o fabricante apostou por incluír unha pantalla de grandes dimensións – 6,67 polgadas – dotada de certificación TÜV Rheinland para tecnoloxía de polarización circular, o que supón poder disfrutar da mesma mesmo cos lentes de sol postos, ademais de outras cuestións ligadas á protección da visión.
Esta pantalla ten resolución FHD+, cunha relación de aspecto de 20:9 e relación pantalla – corpo do 91%, e no seu interior integra un procesador Qualcomm Snapdragon 662 Octa-core AI Engine, con 128 GB de memoria interna que poden ampliarse mediante tarxetas microSD de até 1 TB de capacidade.
No apartado fotográfico temos un sistema de catro cámaras, sendo a principal un sensor de 48 megapíxeles con tecnoloxía NXTVISION, que xa coñecemos de outros modelos do fabricante chinés. Na parte frontal temos unha cámara de 16 megapíxeles para as selfies e videochamadas.
A batería fica nos 5000 mAh de capacidade, con funcionalidade de carga rápida, optimizada por el Smart Manager incorporado, que ofrece suxerencias para rendemento e optimizar a duración da batería. Tamén conta con “Super Bluetooth”, que permite ter conectados ao tempo até catro dispositivos de audio para reproducir música ao mesmo tempo.
Dispoñibilidade e prezo
O TCL 20L xa se pode mercar no noso país por 229,99 euros, estando dispoñíbel en azul (Luna Blue) e negro (Eclipse Black). O teléfono ten ademais a certificación de Google que o recoñece como un terminal Android Enterprise Recommended, o que asegura a ideoneidades, compatibilidade e as actualizacións de seguridade.