Chega ao noso país a serie Mi TV P1 de Xiaomi

O fabricante Xiaomi anunciou onte a chegada ao noso país da súa última gama de televisores intelixentes, a serie Mi TV P1. Está dispoñíbel en catro tamaños diferentes – 55, 50, 42 e 32 polgadas – e entre os seus reclamos destaca polas súas prestacións para situarse como un centro de entretemento intelixente e conectado do fogar.

Toda a serie Xiaomi Mi TV P1 está equipada cunha pantalla sen marcos, que ofrece o máximo espazo de visualización dispoñíbel, outorgándolle ademais un deseño elegante para poder integrarse no entorno do fogar. O seu panel LED de 60 Hz ofrece un campo de visión ultraamplo, de 178 graos, o que propicia unha nítida visión de pantalla con independencia do ángulo.

Os tres modelos máis grandes, de 55, 50 e 43 polgadas, ofrecen unha calidade de imaxe óptica con resolución 4K UHD e compatibilidade co sistema Dolby Vision. Ademais, os modelos de 55 e 50 polgadas melloran aínda máis esta calidade con HDR10+, o que permite aos televisores xerar un alto rango dinámico e facer que a imaxe sexa aínda máis vívida e real.

Todos os modelos inclúen o ecosistema de contidos co sistema Android TV, e levan preinstaladas algunhas das aplicacións máis populares, como Netflix, Prime Video ou Youtube. Así mesmo, é compatíbel cos sistemas Chromecast e Miracast, o que facilita o envío de contidos ou xogos desdes smartphones ou tablets sen cables, e dispón de Google Assistant integrado para poder dar ordes por voz ao televisor ou a calquera outro dispositivo intelixente conectado.

Dispoñibilidade e prezo

A serie Mi TV P1 nas súas versións de 55, 50, 43 e 32 polgadas estará dispoñíbel cun prezo especial de lanzamento por 549, 499, 399 e 229 euros, respectivamente, até o próximo 20 de xuño, podéndose adquirir en mi.com, Mi Stores, Amazon, FNAC, MediaMarkt e PC Compoñentes.

A partir desa data, os prezos subirán ao seu prezo habitual de 649 €, 599, 449 e 289 par aos modelos de 55, 50, 43 e 32 polgadas, respectivamente

Sobre o autor

Reply