Gigas gratis nas promocións de verán de Lowi e Fi Network

Por cuarto ano consecutivo, a operadora Lowi inaugura o verán coa súa xa icónica promoción de 60 GB de balde para consumir no verán en todas as súas tarifas, tanto para a clientela actual como para a nova que porte nestas dastas a súa liña móbil á compañía, xa sexa na modalidade de só móbil ou na converxente que combina móbil cunha conexión de fibra óptica.

Deste xeito, até o próximo 15 de agosto, as usuarias desta compañía, a marca de baixo custe de Vodafone, poderán solicitar a activación de 60 GB de balde en todas as súas liñas a través da aplicación Mi Lowi ou do espazo persoal da páxina web. Estes gigas poderán ser desfrutados – ou compartidos con outras liñas de Lowi – durante 3 meses, até o 15 de setembro.

Pola súa banda, Fi Network inicia o verán cunha promoción moi semellante, que de igual maneira as usuarias desta compañía poderán desfrutar até o próximo 15 de setembro. Tanto as usuarias actuais como a nova clientela de Fi recibirán 99 GB adicionais se a liña móbil está asociada a un produto converxente ou 66 gigas se se trata dunha liña móbil individual.

A principal diferenza coa promoción de Lowi é que a de Fi Network non hai que solicitala, xa que a compañía activouna xa á súa clientela de maneira automática. Onde coinciden ambas compañías é en consumir primeiramente os datos da promoción.

Sobre o autor

Reply