A comezos do pasado mes de xuño, o fabricante chinés Huawei levou a cabo unha presentación na que deu a coñecer a nova gama de dispositivos conectados que conforman o ecosistema de produtos +8 da compañía, entre os que destacan os novos auriculares TWS Huawei FreeBuds 4, que agora chegan ao mercado español para ofrecer novas alternativas nun segmento de produto – o dos auriculares sen fíos – no que cada vez hai unha competencia maior, coa consecuente dificultade de escoller o que mellor se adapte a cada necesidade.
Os novos TWS Huawei FreeBuds 4 son unha evolución do modelo anterior da compañía, e as súas novidades apostan principalmente por ofrecer melloras en termos de comodidade e rendemento na cancelación activa de ruído (ANC). Para facelo posíbel, Huawei aplicou unha tecnoloxía de cancelación de ruído de dobre micrófono, o que permite captar con gran precisión o ruído ambiental. Isto, xunto cua tecnoloxía Adaptative Eart Matching (EAM), que detecta a forma da orella das usuarias ao activarse para ofrecer a configuración máis axeitada a cada caso, consegue resolver os problemas que plantexa a cancelación de ruído de adaptación aberta.
Pola súa banda, en termos de deseño, os Huawei FreeBuds 4 renováronse con 13 optimizacións de tamaño e tres melloras na curvatura xeral, conseguindo así un mellor axuste. Isto logrouse logo de que Huawei tivera analizado e estudado a curvatura ósea das orellas de milleiros de consuimidores que se ofreceron a participar neste estudo, aportando recomendacións para garantir o maior confort posíbel.
![](https://mallandonoandroid.gal/wp-content/uploads/2021/07/huawei-freebuds-4.png)
Todos os controis relacionados coa cancelación de ruído, os toques nos auriculares ou as actualizacións poden ser controladas desde a aplicación Huawei AI Life, dispoñíbel na tenda de aplicacións de Huawei AppGallery, na Apple Store ou na web AI Lifre para calquera dispositivo Android.
Os novos auriculares de Huawei poden conseguirse por un prezo de venda de 169 euros, na versión coa caixa de carga sen fíos (cor prata) ou por 149 euros se escollemos a caixa de carga con cable.