Vodafone únese a eezon en Galiza para impulsar a mobilidade sostíbel das motos eléctricas

Vodafone fomentará a mobilidade sostíbel a través dun acordo con eezon, fabricante galego de vehículos eléctricos, para ser o seu proveedor de conectividade e xestión. As motos eléctricas de dúas rodas traseiras de eezon están a revolucionar o sector das flotas de servizo e delivery por ofrecer unha maior capacidade de carga mantendo as vantaxes dunha moto de dúas rodas, como a súa axilidade ou que poden ser estacionadas na beirarrúa.

Grazas a este acordo, posibílitase que a flota de motos eléctricas de eezon conten coa última tecnoloxía de Vodafone para poder monitorizar os vehículos, e deste xeito impulsar a mobilidade intelixente e e sostíbel, en pro da eficacia, a seguridade e o coidado do modio ambiente.

Así, no marco desta alianza, Vodafone proveerá a conectividade e plataforma de xestión da conectividade global. Ademais, a operadora subministrará un dispositivo que se conecta ao CAMBUS do vehículo e que extrae a información dos diferentes sensores e compoñentes da moto. En concreto, extaeranse parámetros como a localización do vehículo, o consumo, a velocidade, a temperatura do motor e batería, o estado da batería, a detección de caídas, os ángulos de cinlinación ou a execución do freo, entre outros, permitindo esa monitorización para acadar unha verdadeira mobilidade sostíbel.

O factor diferencial dos vehículos eezon é que contan cunha patente propia do seu sistema de balanceo do eixo, ofrecendo ás usuarias unha condución completamente fiábel, áxil, cómoda e segura. Ademais, o seu sistema de estabilidade vertical avanzado garante o equilibrio sen necesidade de apoiar o pé no chan e sen ningún esforzo por parte da persoa que a conduce, mesmo en condicións difíciles, como con cargas pesadas ou paradas en pendentes. eeezon e3 pódese conducir por todo tipo de vías, mesmo autovías, xa que acadan os 90 jm/h, e teñen unha potencia de 9kw, o que sería equivalente a unha moto de 125cc. Grazas á súa gran capacidade de carga e ás súas características técnicas, eezon e3 duplica a eficiencia dos servizos de transporte, reducindo custes e tempos de entrega, ao mesmo tempo que a contaminación atmosférica e acústica.

As motos de eezon, fabricadas en Vigo con compoñentes que en máis do 90% son de orixe estatal e europeo, atópanse actualmente en fase de comercialización, con entregas previstas para o próximo mes de outubro, e unha previsión de acadar as 3.000 unidades no 2022.

Sobre o autor

Reply