Samsung e KT lanzan a primeira rede 5G SA comercial en Corea do Sur

O operador coreano KT vense de converter no primeiro en lanzar unha rede independente de 5G comercial (5G SA) en Corea do Sur, grazas á súa alianza coa tamén coreana Samsung Electronics. As primeiras usuarias desta novidade son precisamente as usuarias que dispoñan dun Samsung Galaxy S20, S20+ ou S20 Ultra, aínda que para iso deberán actualizar o software dos seus dispositivos.

Para este lanzamento comercial, Samsung proporcionou a KT as súas solucións de rede 5G de extremo a extremo, desde o seu RAN (Radio Access Network) até o Core, facilitando así unha transición limpa a 5G SA mediante o uso de 5G RAN e Core de Samsung, que poden admitir 5G SA e NSA simultaneamente. Isto implica que a conexión é 5G pura, sen transicións ocasionais ás redes 4G, como ocorre agora mesmo coas redes que temos dispoñíbeis no noso país (5G NSA).

Ademais das melloras que experimientarán as usuarias en termos de latencia e velocidade de conexión, o uso desta tecnoloxía aumenta notabelmente a duración da batería fronte a conexión dos dispositivos en redes 5G NSA. De feito, segundo a Asociación de Tecnoloxía de Telecomunicacións, a duración da batería dun Samsung Galaxy S20+ aumenta un 8,8% en 5G SA, fronte 5G NSA.

Sobre o autor

Reply